luns, 9 de decembro de 2024

Recordades que tiñamos unha sorpresa?

 AQUÍ A TEDES!



Tarde de nadal

 Ola, Bo Nadal a todas e todos!!!

No meu caso esta celebración cadra co verán e pronto xa chega o inverno. Non o ulides?. Estou moi feliz de vivir en Oroso!!! Encántame o tempo de inverno. 

Este martes na Pingüibiblio imos a celebrar o Nadal, xa sei que imos un pouco fora de tempo pero que mais da, non? O importante é vivilo. 

Cando veñades irmos ler algún conto desta época pero tamén probar productos típicos. Teño unhas ganas de PAPAR!!!


Queredes ver as portadas dos contos que imos ver?



A que molan!!! Chulisimos que son!

Agora un pouco de música de A Gramola Gonimola coa canción: A Noiteboa sempre é boa coa miña avoa. A Bailar parroquia! Non esquezades que a familia é unha parte importantísima da nosa vida.










mércores, 4 de decembro de 2024

Tarde de aprendizaxe e bo trato

 Ola coleguillas!

Este martes aprendimos moitísimos grazas a experimentación e ao traballo en equipo. As veces, non nos decatamos de como é de diferente a vida de outras persoas ou que fácil nos parece ata que nos ponemos na súa pel. 

Pero esta tarde vimos como cambia o mundo segundo a fiestra pola que te asomes. 

Tamén coñecimos un libro maravilloso: 


Este libro foi escrito por Menena Cottin e ilustrado por Rosana Faria. 

Menena Cottin é unha autora nada en Caracas que creou moitísimos libros de referencia para degustar e un propio libro autobiográfico titulado: Cierra los ojos que vamos a ver. 

En canto a Rosana Faria  é unha ilustradora e pintora nada en Venezuela. Dende nena sempre lle gustara pintar e debuxar e así avanzando pouco a pouco chegou a ser unha gran artista.

Queredes ver o conto?














luns, 2 de decembro de 2024

3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade

 Ola pingüíns!

Que tal estades? Espero que moi ben xa me ule o inverno e pronto chegará o Nadal pero antes quero recordarmos unha data moi especial: O 3 de decembro. Que se celebra este día? Pois é o día Internacional da Discapacidade. Imos recordar un vídeo do CRA onde se falaba desta temática. Recordade, recordade...


Este martes na Pingüibiblio imos facer unha pequena conmemoración para poñernos nos zapatos de persoas con discapacidade visual. O profe Manuel vai crear unha serie de circuitos para que vos sintades identificados e identificadas e así vivades diferentes experiencias de vida. 

Despois coñecermos un conto moi especial: 





Pero queredes experimentar coa cor negra? Nela aparecen moitas sorpresas!