Ola, Bo Nadal a todas e todos!!!
No meu caso esta celebración cadra co verán e pronto xa chega o inverno. Non o ulides?. Estou moi feliz de vivir en Oroso!!! Encántame o tempo de inverno.
Este martes na Pingüibiblio imos a celebrar o Nadal, xa sei que imos un pouco fora de tempo pero que mais da, non? O importante é vivilo.
Cando veñades irmos ler algún conto desta época pero tamén probar productos típicos. Teño unhas ganas de PAPAR!!!
Queredes ver as portadas dos contos que imos ver?
A que molan!!! Chulisimos que son!
Agora un pouco de música de A Gramola Gonimola coa canción: A Noiteboa sempre é boa coa miña avoa. A Bailar parroquia! Non esquezades que a familia é unha parte importantísima da nosa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario