xoves, 30 de novembro de 2017

O peido máis grande do mundo.

Recordades o conto do martes? (picade na imaxe).


Entereime que de todas as persoas que alí foron partiron a cacha coa risa. Coma esta amiga miña:


Pero recordades quen escribeu o libro?...

Pois foi Rafael Ordóñez un madrileño de adopción, xa que chegou sendo un bebé de 6 meses dende Valladolid. Viveu nun barrio chamado Carabanchel e alí xogaba e disfrutaba dos seus amigues.
Cando se fixo maior estudiou para mestre e despois adicouse a aprender a contar contos no grupo "CHáCHARA cuentacuentos".
A partir de entón, escribeu moitísimos libros.

A ilustradora deste conto é Laure du Faÿ. Unha especialista en ilustración de contos infantís e ademais en espazos artísticos adicados a infancia.

Tamén me chivaron que o rematar fixéstedes un rato moi peideiro. Que boa tarde!.





sábado, 25 de novembro de 2017

Novo conto na pingüibiblio!

AHHHHH! Acabo de erguerme e estou feliz! Moito descansei!

Hoxe soñéi unha cousa moi extrana. Uns animais curiosos tiñan un concurso moi especial, a que non saberes de que?

Dádelle o coco que seguro que non o averiguades.

Pista: (pica nas images)




Acertástedes que conto pode ser?...

Bueno, seguramente será moi oloroso.

xoves, 23 de novembro de 2017

Cambio de data

Ola a tod@s!

Quero informarvos que a saída que tiñades o vendes queda posposta para o martes 28. Por fin chegou a choiva!.

Moitos saudiños.

Que bo conto e que boa tarde...

Ola churris!!!

Xa me decatei do moito que atendéstedes o conto proposto para a tarde do martes.

Recordades?... Chamábase: O principio.

No vídeo saía a sua autora, o seu nome era...

Siii! Paula Carballeira, unha estupenda artistaza galega experta en contar maravillosas historias.

Queredes ver un?


A ilustradora do conto é Sonja Danowki  a cal traballa en Alemaña tanto ilustrando contos, como revistas ou caixas promocionais. Gañadora de varios premios internacionais.

Tamén vin que fixéstedes un estupendo xoguete, espero que desfrutarades moito con el.

luns, 20 de novembro de 2017

25 de novembro: día internacional contra a violencia de xénero

Ola, ola!!!

Xa está chegando un día moi importante. 

Este ano xa me enterei que estades convidad@s a unha sesión de contacontos en Sigüeiro, grazas as persoas que traballan no concello. Cando rematedes seguro que ledes o manifesto conmemorativo desta data tan especial.

Para axudar un pouquiño vou mostrarvos unha guía de lectura sobre contos que tratan deste tema.

Espero que leales moito.

PINCHADE NA COR.

O principio do martes...

Ola coleguillas!!!

Xa chega outro martes de diversión e ledicia lectora.

Seguro que as vosas mestras, que son moi previsoras, informaron na escola de que o 20 de novembro é o día universal das nenas e nenos de todo o mundo. Nesta data recordamos os vosos deberes e dereitos, pero tamén reflexionamos sobre que na Terra hai cativ@s que teñen que renunciar a eles.

Por que?...

Pois por moitas causas: non hai persoas que lles axuden nen coiden, non posuen xoguetes nen sequera a veces comida e auga, non poden ir a escola xa que non existen ou están en malas condicións, pode haber guerras...

Na biblioteca imos falar sobre esta temática tan importante estades convidadas e convidados.

Aquí queda un pequeno vídeo para ir abrindo boca:



Moitos bikazos de Pingüi.

Antes de que se me olvide... Unha pista axexador@s!. Tamén faredes un xoguete moi chulo. Que será, será? 

mércores, 15 de novembro de 2017

Que boas orellas!

Adiviña, adiviña!

Xa acertástedes cal conto admiramos este martes?

Pois foi Orellas de bolboreta. Creo que gustou e alguén murmurou que quería compralo para telo na sua casiña. I, I, I!!! Que oído tan fino teño.

Este libro foi escrito por Luisa Aguilar  unha escritora asturiana que comezón facendo teatro e gaño premios coa sea actuación e texto da obra: ¡Que viene el lobo!.

A ilustración é de André Neves  artistas brasileiro que sempre se vinculou o mundo d@s nen@s  o fomento da lectura.

Na biblio decoramos a Mara cada un o seu xeito: