Amigas e amigos!!!
Xa está aquí a Semana Santa. Gozade moito deste pequeno tempo de lecer e vémonos a volta.
venres, 23 de marzo de 2018
xoves, 22 de marzo de 2018
Día Mundial da Auga
Ola!
Xa vedes que hoxe é o Día Mundial da Auga. Como todos os anos as Nacións Unidas pon de manifesto a necesidade que temos dela.
Precisámola para poder vivir e medrar. Temos que respetala e coidala, e máis nós que vivimos no concello dos ríos. Sabedes cantos pasan por esta zona?. Preguntade, buscade... seguro que teredes unha sorpresa fabulosa.
Como mecoñecedes seguro que vístedes que son un animal de auga e como tal adoroa. Aquí queda un material para que poidades celebrar este día. Clicade.
mércores, 21 de marzo de 2018
Vacío de Anna Llenas
Ola bonitiñ@s!
Este martes volvemos a estar con Anna Llenas e co seu conto Vacío. Que historia máis bonita.
Clica en min.
Para as persoas que non poideron asistir, aquí queda un aperitivo:
luns, 19 de marzo de 2018
Xa están chegando as vacación de Semana Santa
Ola pingüíns:
Que tal estades? Eu atópome fenomenal porque xa estou pensando a onde vou ir de viaxe nestas vacacións. O outro día unha gaivota chamada Federica faloume dun lugar: GULPIYURI que está en Asturias (moi pretiño).
Seica é un sitio onde hai unha praia, que pasa por debaixo dun muro de rochas e non se ve o mar. Algo diferente e maravilloso.
Federica está encantada de vivir alí. Pero antes percorreu o mundo porque tiña un vacío no seu interior que non a deixaba vivir. Sempre estaba triste e deprimida. Co tempo atopou a solución do seu mal.
Ahhh! Eso recordare o conto que ides ler este martes, a Julia, a nosa protagonista, pásalle algo parecido.
Como non quero que vós poñades tristes. Deixo un xogo de pascua para deletrear. Ánimo!
domingo, 18 de marzo de 2018
xoves, 15 de marzo de 2018
Día Internacional do Consumo Responsable
Ola amig@s!
Quero recordarvos quo día 15 de marzo... Espera... HOXE! Conmemórase o día no que as persoas temos que actuar de maneira formal e consciente con respecto o consumo.
Moitas veces seguro que lles pedides as vosas familias cousas que non precisades ou que simplemente vístedes na televisión ou a outra persoa. Non debedes gastar por capricho. Pensade se realmente o precisades ou non.
Pero ser consumidor/a implica tamén uns dereitos, temos dereito a...
- Consumir o necesario para vivir.
- Elixir a cousa que sea mellor.
- Saber que compramos e conseguilo.
- Que o que vendan sexa seguro e non manque.
- Que nós axuden a resolver problemas cando compramos algo.
- Xuntarnos e poder facer reclamacións.
- Educarnos no consumo sostible.
- Que nós traten con respeto.
- Ter un medio ambente limpo e saudable.
Para as familias mando tamén unha folliña de recomendacións, non olvidedes compartilas con eles/elas:
mércores, 14 de marzo de 2018
Vaia landras que traía o conto...
Ola patuquiñ@s!
Que tal este martes? Molou moito non?
Para @s que non poidéstedes asistir sabede que nós deleitamos co conto: Xaime e as landras.
Este maravilloso libro foi escrito por Tim Bowley. Un famoso contacontos que viaxou por todo o mundo narrando historias, pero que ademais colaborou na creación de novos contos. Segundo a xente que o coñeceu foi unha persoa sensacional. O ano pasado sobre estas datas foi o seu pasamento queda aquí o noso recordo coa lectura dun dos seus contos. Podedes ter outros como:
A súa ilustradora é Inés Vilpi unha gran artista autodidacta.
Aquí queda unha entrevista para que a vexas na compaña da túa familia:
Etiquetas:
CONTO,
INÉS VILPI,
PINGÜI,
RECOMENDACIÓNS,
TIM BOWLEY
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










