mércores, 31 de outubro de 2018

O concurso de Ethan Long

Ola medoamiguetes!!!

Que tal vai a festa de Samaín?. Xa me avisaron que o magosto quedou aprazado. O inverno acércase, xa chega. Pero tranquis, que seguro que pronto o festexades.

Este martes foi un día especial. Vimos un conto de gatos da editora Lata de Sal. Recordades que o ano pasado léramos un da mesma colección? Clicade, para refrescar esa memoria.


Pois este ano divertímonos co conto: O Concurso. Ilustrado e escrito por Ethan Long.
Este autor publicou unha morea de libros para nenas e nenos. Pero tamén colaborou cunha canle de televisión que seguro coñecedes: Disney Channel. Participou na serie: Tasty Time With Zefronk. Deixo un episodio para que a coñezades. Está en inglés pero seguro que a comprendedes perfectamente. Invítovos a elaborar a receita que aparece. So precisades unha tortas e pan de pita, pavo, tomate, leituga, zenoira e crema de queixo. Ánimo, xa veredes que boa está!!!


martes, 30 de outubro de 2018

Recordade!

Lembro que o día 2 de novembro non hai escola. Descansade e lede moito. Pingüibikos!!!

luns, 29 de outubro de 2018

Martes de acción!

Ola pingüisamaín!!!

Que tal estades?. Eu ando moi temeroso, xa que estos días é o Samaín. Teño medo de atopar no camiño unha cabaza con candeas e que teña tal susto que precise un cueiro para a miña caquiña.

Este tempo é onde imos visitar os defuntos e podemos facer algunha gamberrada polos camiños. Pero non so aquí suceden cousas. Agora xa sei que tedes un novo amigo na escola que se chama Dylan. Preguntádelle e indagade o que pasa no seu país. Chega a festa do Halloween.

Aposto algo a que xa coñecedes moitas cousas pero el pode mostrarvos moito máis. Curioseade, interrogade... Algo novo aprenderemos.

Este martes coma sempre espero a todo o mundo. As niñas portas está abertas. Temos un conto xenial. Aquí vai un adianto:



mércores, 24 de outubro de 2018

O galo traganoces

Ola pitiñ@s!

A que encantou o conto deste martes?

 Clica

Como vedes é un conto moi popular. Foi escrito por Roberto Mezquita un famoso contacontos e escritor. Xa tiñedes gozado de algún escrito feito por el. Clica na súa foto...

O ilustrador do conto é Bernardo Carvalho. É moi coñecido no mundo editorial infantil, mirade outros contos que ten como:

  

Seguro que coñecedes algún!!!

Despois desta lectura tan amena fixemos cunhas noces un becho que mete medo e que imos soltar no samaín. Adiviñades o que é?




  

luns, 22 de outubro de 2018

Xa estamos na semana da biblioteca!

Ola peques!

Senón o sabiades esta semana conmemoramos o día da biblioteca. É unha festa moi importante para min. Queredes saber o porqué? (clica na imaxe):


Este martes temos un gran día por diante. Imos ver un conto moi coñecido en Europa chamado popularmente: O pitido da abeleira. É maravilloso e seguro que aprendemos algunha lección.


mércores, 17 de outubro de 2018

Vaia banquete tan especial!!!

Este martes fumos de voda!!!

Vaia festa rachada!!!     

No conto decatámonos de que non todo é o que parece e que as apariencias poden enganarnos. O ser máis pequeno pode acadar o que desexa e ser feliz. 


Este libro foi escrito por Margarita del Mazo. É unha escritora ideal que vive no mundo dos contos. Visitade a sua páxina, merece a pena:


A ilustradora chámase Lisa Kaser.

Queredes desfrutar do conto? recordámolo? Pinchade na parella:



luns, 15 de outubro de 2018

Día mundial mundial da alimentación

Ola a tod@s!!!

Outro martes máis temos unha cita na biblio. E como non, vai ser un día xenial.

Como vedes no título imos celebrar o día mundial da alimentación. 

Xa sei que sodes moi intelixentes e sabedes que comer san e facer deporte é a menciña da saúde. 

Neste tempo contáronme que estades traballando en como é o corpo e as relacións que estableces có mundo no que vivimos. Unha das funcións principais é a de nutrición. Que comemos! Que bebemos!

Entereime que vós gustan moito as chuches, MOITO COIDADO! Se zampades con tolería podedes enfermar ou poñervos como unha pelota e comezar a rodar e rodar e nunca parar.

Outra cousa para rememorar e que no mundo hai moita xente que non ten suficiente comida ou auga para poder vivir. Non se pode desperdiciar nin unha cousa nen a outra. Temos que ser persoas que pensen no noso planeta e no seu coidado.

Aquí queda un xogo para traballar o tema: