martes, 26 de novembro de 2024

O libro dos porcos e Mamá Robot

 Ola pingüicolegas!

Como ben sabedes este martes vimos un conto relacionado coa violencia de xénero nas casas. Hai veces que as tarefas do fogar recaen sobre as mesmas persoas e iso non é xusto, xa que no mesmo fogar vivimos moitas persoas e todo o mundo ten que colaborar e contribuir.

Recordade como varrimos todas as violencias nas escolas pero tamén temos que desbotar todas esas desigualdades na nosa vida diaria.

O conto que vimos é: O libro dos porcos. Este libro foi escrito por Anthony Browne:

Clica na imaxe para saber máis

Este autor e ilustrador ten escritos e ilustrados moitísimos libros diferentes. Aqui vos deixo unha escolla:





Se algún e algunha de vos non coñece o conto dos porcos podedes velo no seguinte enlace: 


Na pingüibiblio tamén coñecimos outro conto novo chamado:


Estel libro foi escrito por por Zidrou, pero o seu verdadeiro nome é Benoît Drousie, un belga creador de historietas e grandes obras. As suas ilustracións foron feitas por Sèbastien Chebret un artista que traballa para o mundo da ilustración infantil e explora diversas técnicas artísticas.

Se queredes ver algo do conto...


Un pequeno resumo deste día de animación lectora conmemorando o Día Internacional Contra a Violencia de Xenero:













 


luns, 25 de novembro de 2024

Queredes coñecer a familia porcón?

 Ola amigas e amigos!

Este martes imos falar sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. E para eso daremos a coñecer un conto clásico que aínda que ten moitos anos está de actualidade.


Seguro que xa tedes traballado esta temática na escola e é que un paxariño moi cotilla me avisou do fantástico vídeo que creástedes sobre este día. 





mércores, 20 de novembro de 2024

20N Día Mundial dos Dereitos da Infancia

 


Un martes máis de colección

 Ola colegas!

Este martes profundizamos no mundo dos dereitos dos nenos e as nenas pero tamén vimos a vida dende un punto de vista máis reflexivo.

Afrontámos o mundo mirando con outros ollos e cunha filosofía distinta. Seguro que vos preguntaredes por recomendacións lectoras sobre esta temática. Aquí vos deixo algúns exemplos:







Recomendo visitar a páxina https://www.wonderponderonline.com/inicio alí atoparedes mil e unha ideas interesantes. Nunca deixedes de reflexionar e crear novos retos de coñecemento.

Deixo un conto sobre o autocoñecemento. Gustaravos?










luns, 18 de novembro de 2024

Padlet VerbaCRA


Feito con Padlet

Martes moi especial

 Este martes temos un día fenomenal.

Pola maña teremos unha saída escolar na que imos visitar dous lugares fantásticos:

- Un obradoiro de “Consumo responsable no Supermercado" na Escola Galega do Consumo. Van a ensinarnos como debemos mercar e como colaborar coas nosas familias de maneira aceitada.


- Visita ao Gaiás (Cidade da cultura) para ver a exposición “Unha vida vikinga”. 


Estamos desexando conhecer novos horizontes e formas de vivir a vida.





E pola tarde non esquezades que temos sesión de animación a lectura para todas e todos.


Imos recordar os dereitos da infancia xa que o próximo 20 de novembro conmemórase esta data tan especial. Pero farémolo desde un punto de vista filosófico. Non o perdades.