luns, 31 de marzo de 2025

Quedamos o 1 de Abril día das Artes

 Ola pingüiamigos e pingüiamigas!

Seguro que algunha ou algún xa sabe que o día 1 de Abril conmemoramos: O día das Artes. E ese día recordamos a unha persoa moi importante: Isaac Díaz Pardo.

Isaac foi unha persoa moi polifacética e é que adicaba o seun tempo a facer moitísimas cousas diferentes: escriba, pintaba, creaba piezas cerámicas... Pero sobretodo loitaba pola súa terra: Galicia.



Este martes tamén imos coñecer un arte moi importante: o arte lúdico. Os xogos populares galegos. Con dous libros min interesantes que recollen diferentes cantigas, rimas, cancións... E por suposto, tamén imos a experimentar con diversos xogos.

Para ir abrindo dente... podedes xogar algo na Pantalla Dixital Interactiva: 






mércores, 26 de marzo de 2025

Acceso a E - Elbe 2

 



Recomendacións lectoras sobre corvos.

Unha serie de contos sobre corvos: 

O oso e o corvo de Monika Klose e André da Loba (OQO editora), Corvo de Leo Timmers (Algar editorial), Charlie the crow de Elly Gedye - Zoe Ellison - Diana Rodriguez, La zorra y el cuervo de Enric Valos e Dani Cruz, Evaristo un corvo moi listo de Manolo Uhía (Everest Galicia), Mister Corvo de Luise Morandeira e Maurizio A. C. Quatello (OQO editora), Primer Frutal (HABA), ¡Tira al cuervo!.






Corvo de Leo Timmers

Que conto tan bonito e que maneira tan estupenda de facer amigas e amigos!

Este martes coñecimos o conto: 


Este libro foi escrito e ilustrado por Leo Timmers. É un escritor e ilustrador belga de libros infantis. Comezou a crear banda diseñada con 8 anos e despois publicou un deles anos despois. Decidiu estudar deseño. Ten moitísimos libros publicados, como por exemplo:




Queres ver un conto de outro corvo?


Aquí tedes un documento con recomendacións lectoras sobre corvos: 
















domingo, 23 de marzo de 2025

Un martes diferente

 Ola amigas e amigos!

Xa sabedes que este martes vai a ser moi diferente. A nosa biblioteca sufren un percance moi gordo e é que nos voou o tellado polo tanto non podemos realizar ningún tipo de actividade alí. Pero non desesperedes porque grazas ao Concello de Oroso temos nova ubicación.

Quedamos no  centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30. Ímolo pasar moi ben!!

Sabedes unha cousa? 

Que alí ides coñecer un corvo moi especial. Non sabedes o que é un corvo?


Pois este martes imos coñecer un moi especial.

Sabedes que os corvos poden chegar a imitar as persoas falando?

Queres saber máis sobre eles? Pois ven este martes a Pingüibiblio contamos contigo!





xoves, 20 de marzo de 2025

Gran desastre!

 Estimadas familias,

 

ante o incidente ocorrido na madrugada de hoxe coa cuberta da Sede do CRA (Valverde-Vilarromaris), vémonos obrigados a trasladar temporalmente as actividades de biblioteca a unha nova ubicación.

 

A partires de agora, estas actividades, levaranse a cabo no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30, seguindo a mesma organización que ata o de agora.

 

Grazas ao Concello de Oroso pola rápida resposta e pola cesión de espazos para poder levar a cabo as nosas actividades mentres se repara a cuberta.

 

En canto poidamos volveremos a retomar a ubicación habitual.

 

Un saúdo.