mércores, 30 de abril de 2025
Os Maios con Curros Enriquez
Este martes por circunstancias da vida non puidemos facer a nosa sesión de animación a lectura.
Habería sido unha sesión fantástica na que falaríamos desta festa e como cada un e canda unha de nós a íamos a celebrar.
Pero o máis importante e que coñeceríamos unha das obras de Curros Enriquez:
martes, 29 de abril de 2025
luns, 28 de abril de 2025
Teatro en acción.
O vindeiro mércores 30 de abril, o alumnado do CRA de Oroso gozará da obra "E entón, un xardín", no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.
Unha comedia colorista e vitalista da compañía Paporrubio, escrita e dirixida por María Peinado, interpretada por Luchi Iglesias e acompañada pola música en vivo de Carlos Quintá.
Nesta historia máxica, o xardín énchese de vida para celebrármonos coa natureza, reivindicar os seus dereitos e lembrar a importancia de latexar xuntos co noso mundo natural.
Un espectáculo cheo de marionetas, obxectos, imaxes poéticas e moita imaxinación que esperta valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto.
domingo, 27 de abril de 2025
Xa ule ao mes de maio!
Ola pingüicolegas!
Xa chega o mes de maio e nestas datas tan queridas estamos a punto de celebrar unha festa moi especial: OS MAIOS.
É unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio. Antigamente eran ritos relacionados coa primavera árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. Pero aínda a así na nosa terra aínda se conservan festividades relacionadas.
Como as celebramos?
Coa creación de cantigas como...
Levántate maio que tanto dormiche,
pasou o inverno e ti non veniche.
Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche.
Ou con figuras especificas da festa: https://calameiga.es/os-maios/
venres, 25 de abril de 2025
Calendario de sesións formativas E‑LBE.2
Achegamos o calendario de sesións formativas E‑LBE.2
Formación para docentes e familias da plataforma de préstamo dixital E‑LBE.2, á que o voso centro ten acceso grazas ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Calendario de sesións
– Para docentes:
- 5 de maio, 17:00 h – “Xestión de colecións e edición de préstamos”
- 12 de maio, 17:00 h – “Estratexias de fomento da lectura dixital”
- 19 de maio, 17:00 h – “Integración de E‑LBE.2 en proxectos curriculares”
– Para familias (imprescindible anotarse vía web, para solicitar os enlaces dirixídivos a coordinadora da Pingüibiblio):
- 8 de maio, 18:00 h – “Como acompañar ao neno ou nena na lectoescritura dixital”
- 15 de maio, 18:00 h – “Recursos dixitais para a lectura en familia”
Esta información a todo o claustro e ás familias do alumnado do CRA de Oroso.
Para acceder á formación de familias, as familias deben contactar co CRA de Oroso (coordinadora da biblioteca) e recibirán o enlace de inscrición.
Neste Ano do Libro 2025, lembramos que a lectura é unha ferramenta esencial para o desenvolvemento persoal e académico: fomenta a imaxinación, a reflexión e a aprendizaxe constante. Aproveita estas sesións para potenciar o mundo lector.








