Ola!!!
Que tal estades?. Supoño que xa sabedes que está chegando o tempo dos defuntos.
O momento do medo...
E como non, na nosa biblioteca ímolo festexar. Lendo contos de terror e falando destas datas tan especiais.
En Galicia celebramos o Samaín pero noutros lugares do mundo fan o Halloween, o día dos mortos... Toda esta festa segundo din, ven para conmemorar o remate da recollida das colleitas (castañas, uvas, noces, cabazas...) e dar comezo a época na que as noites son máis longas e temos menos horas de luz.
Na nosa terra nestas datas a xente visita cemiterios e pon flores, candeas... os defuntos que queren recordar. Ademáis de tallar cabazas e poñelas nos camiños para asustar.
(pica en Pingüi xa verás onde te leva...)
O dito, coleguillas espérovos o martes pola tarde na biblioteca. Vinde preparad@s!!!
Unha cousa máis, se tedes oportunidade e ides o cine aquí tedes unha película que fala sobre o día de defuntos, pero en Mexico, creo que vos pode gustar... Non olvidedes mirar a data de estreo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario