luns, 18 de xuño de 2018

Festa de Fin de Curso

Ola chulis!!!

Xa chega a festa de fin de curso. Este ano coma sempre quedamos en Vilarromarís na Sede. Vinde dispostas e dispostos a passado ben. 

Imos xogar, rir, saltar, berrar... E como non merendar.

Despois chegará unha actuación espectacular: PESDELÁN. Recordade que as familias tamén están invitadas papá, mamá, avoas, avós, tías, tíos, curmáns, madriñas, padriños, amigas e amigos... Imos bailar moito así que preparade calzado cómodo.


Novo traballo musical: ENTROIDANZAS. PESDELÁN.
Podedes mercalo en www.pesdelan.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario