luns, 10 de setembro de 2018

OLA PINGÜIAMIG@S!!!!

Benvidas e benvidos a un novo ano escolar.



Como estades?.



Que tal o verán?



Eu estou superfeliz por estar de novo con vós. 



Supoño que unha gran maioría xa me coñecedes pero sempre chega xente nova ao noso CRA.



SON PINGÜI!!! A mascota da nosa escola. Vivo na Sede en Vilarromarís, entre contos, poesía, teatro, xornáis... Adoro ler e viaxar polo mundo, tamén polo virtual.



Quixera ter amizade con todo o alumnado do CRA. Durante o ano irei falando con todo o mundo e mostrareivos a importancia da nosa biblioteca. Nela hai mil e un tesouros por descubrir. 



Mándolles tamén un saúdo a todas e todos os nenos que marcharon, espero que sexan moi felices e que todo lle vaia de fabula. Moreas de Pingüibikos e non olvides que o CRA de Oroso sempre será a vosa casa. 



Moito animo e a cargar as pilas, colegas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario