luns, 3 de decembro de 2018

Saída escolar: Visitamos as nosas escolas.

Ola viaxeir@s!!!

Preparadas e preparados para a primeira saída escolar?. Será o luns 10 de decembro durante toda a mañá. (Oxalá faga bo día).

A visita está unida ao día das Letras Galegas que están radicadas a Antón Fraguas Fraguas. Foi escritor, historiador, antropólogo... Adicou a súa vida a coñecer a Galicia, xa foran lugares, costumes, artesanía... A nosa cultura era a súa forte de estudio.


Nós tamén debemos coñecer o noso pobo. Polo cal a primeira excursión será coñecer as escolas do CRA de Oroso. Sabedes que temos catro: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide. Pero ademais contamos coa sede onde eu vivo: Vilarromarís. (visitade a página web do colexio para ver a ubicación delas)

Dispostos a viaxar e coñecer o noso entorno?... Preparade a mochila e a trotar.



Por certo, temos unha visita foi especial que nos agarda en Trasmonte. Pista...






Ningún comentario:

Publicar un comentario