xoves, 14 de marzo de 2019

PRINCESA 2.0. E se non nos gustan as perdices?



O conto deste martes como vístedes non ía precisamente de princesas. Porque polo que vemos non todas as mulleres aspiran a selo. Eu que son un pingüín moi listo tampouco quero, a min gustaríame ser viaxeiro do tempo. Poder ir aos tempos de antes como o exipto de Cleopatra ou ao futuro para ver que acontecerá.

Este libro foi escrito por Irene Soler Ramos. Actriz e dramaturga.

A súa ilustradora é María Murnau. Feminista e educadora da igualdade.

Sei que gustou moito e espero que o merquedes na vosa librería máis próxima. Seguro que no voso fogar tamén triunfa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario