xoves, 3 de outubro de 2019

Canto te quero, profe!

O libro que exploramos o martes foi: CANTO TE QUERO, PROFE.

Debedes ver toda a colección: A igualdade conta de Edicións Embora.

Foi escrito por Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Elas son consultoras en igualdade e fundadoras da Sociedade GALEA. Colaboran activamente neste campo mediante seminarios, xornadas, cursos...

A sÚa ilustradora é Spêla Trobec. 

Se querelles ver como é a nosa ilustradora podedes ver este vídeo da TVG no que temos unha entrevista dela e vemos como é o lugar onde vive (minuto 58):


Preme a imaxe.

Por certo, visitado o Instagram, podedes ver fotografías sobre o día da pingüibiblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario