O Belén: tradición, arte e moito corazón
Esta semana tivemos a enorme sorte de visitar o Belén de Carmen, un lugar onde a maxia do Nadal cobra vida en cada recuncho. Un belén único, feito con agarimo e paciencia, no que conviven dúas marabillas:
unha parte elaborada en chocolate, que sorprende e emociona,
e outra composta por figuras tradicionais, colocadas con mimo, respecto e un coidado exquisito polo detalle.
Presidindo todo o espazo, un xigantesco árbore de Nadal, cheo de luz e ilusión, arredor do cal xira un fermoso tren iluminado, que fai soñar a pequenos e maiores. Todo acompañado de plantas naturais, coidadas durante todo o ano para que sigan formando parte desta creación viva e chea de sentido.
Desde o máis fondo do noso corazón queremos agradecer a esta familia do Concello de Oroso a súa xenerosidade, por abrir as portas da súa casa e compartir con todos nós un traballo tan elaborado, tan fermoso e tan cheo de amor pola tradición.
O Belén de Carmen non é só un belén: é unha experiencia, un exemplo de dedicación e unha xoia do Nadal que merece ser coñecida, recoñecida e visitada.
Animámosvos a vivilo e a darlle o valor que merece este auténtico tesouro do noso concello.
Grazas por facer do Nadal algo tan especial
Ningún comentario:
Publicar un comentario