mércores, 30 de abril de 2025
Os Maios con Curros Enriquez
Este martes por circunstancias da vida non puidemos facer a nosa sesión de animación a lectura.
Habería sido unha sesión fantástica na que falaríamos desta festa e como cada un e canda unha de nós a íamos a celebrar.
Pero o máis importante e que coñeceríamos unha das obras de Curros Enriquez:
martes, 29 de abril de 2025
luns, 28 de abril de 2025
Teatro en acción.
O vindeiro mércores 30 de abril, o alumnado do CRA de Oroso gozará da obra "E entón, un xardín", no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.
Unha comedia colorista e vitalista da compañía Paporrubio, escrita e dirixida por María Peinado, interpretada por Luchi Iglesias e acompañada pola música en vivo de Carlos Quintá.
Nesta historia máxica, o xardín énchese de vida para celebrármonos coa natureza, reivindicar os seus dereitos e lembrar a importancia de latexar xuntos co noso mundo natural.
Un espectáculo cheo de marionetas, obxectos, imaxes poéticas e moita imaxinación que esperta valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto.
domingo, 27 de abril de 2025
Xa ule ao mes de maio!
Ola pingüicolegas!
Xa chega o mes de maio e nestas datas tan queridas estamos a punto de celebrar unha festa moi especial: OS MAIOS.
É unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio. Antigamente eran ritos relacionados coa primavera árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. Pero aínda a así na nosa terra aínda se conservan festividades relacionadas.
Como as celebramos?
Coa creación de cantigas como...
Levántate maio que tanto dormiche,
pasou o inverno e ti non veniche.
Levántate maio que tanto durmiche
que pasou abril e ti non o viche.
Ou con figuras especificas da festa: https://calameiga.es/os-maios/
venres, 25 de abril de 2025
Calendario de sesións formativas E‑LBE.2
Achegamos o calendario de sesións formativas E‑LBE.2
Formación para docentes e familias da plataforma de préstamo dixital E‑LBE.2, á que o voso centro ten acceso grazas ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Calendario de sesións
– Para docentes:
- 5 de maio, 17:00 h – “Xestión de colecións e edición de préstamos”
- 12 de maio, 17:00 h – “Estratexias de fomento da lectura dixital”
- 19 de maio, 17:00 h – “Integración de E‑LBE.2 en proxectos curriculares”
– Para familias (imprescindible anotarse vía web, para solicitar os enlaces dirixídivos a coordinadora da Pingüibiblio):
- 8 de maio, 18:00 h – “Como acompañar ao neno ou nena na lectoescritura dixital”
- 15 de maio, 18:00 h – “Recursos dixitais para a lectura en familia”
Esta información a todo o claustro e ás familias do alumnado do CRA de Oroso.
Para acceder á formación de familias, as familias deben contactar co CRA de Oroso (coordinadora da biblioteca) e recibirán o enlace de inscrición.
Neste Ano do Libro 2025, lembramos que a lectura é unha ferramenta esencial para o desenvolvemento persoal e académico: fomenta a imaxinación, a reflexión e a aprendizaxe constante. Aproveita estas sesións para potenciar o mundo lector.
mércores, 23 de abril de 2025
23 de Abril. Día do libro no CRA de Oroso
Día do Libro 2025 no CRA de Oroso
"Ler é comprender. O acto de ler é entendemento. Ler e comprender é vivir." — Álvaro Pombo
Hoxe celebramos moito máis ca un día calquera. Celebramos o poder dos libros para abrir portas, sementar comprensión e facer medrar vidas máis ricas e libres.
O cartel oficial, creado por Pep Montserrat, Premio Nacional de Ilustración 2024, inspírase nesa idea: o libro como porta aberta a mil mundos. Como no noso CRA, onde cada páxina lida é un camiño de ida e volta entre imaxinación e realidade.
Dende o corazón das nosas escolas rurais, convidamos a toda a comunidade —nenas, nenos, familias, mestres e amizades— a facer do libro un compañeiro/compañeira de vida. Que nos axude a sentir, pensar, rir e descubrir. Porque un libro no peto é ledicia no peito.
Durante esta semana, viviremos o espírito da #SemanaCantareira cunha presentación moi especial:
“Cantigas de lectura para un día con doce altura”, onde xogaremos coas palabras, cantaremos consellos lectores e celebraremos que ler... é tamén vivir!
Non esquezades o 23 de abril é o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, unha data chea de historia e simbolismo, elixida pola UNESCO para lembrar a importancia da lectura, dos autores e da creación literaria.
Así que... hoxe e sempre:
Lede, sentide, compartide. A lectura é unha festa e todos e todas estamos convidados e convidadas!
Martes emocionante con PINK!
Que ledicia coñecer a PINK!
Este conto tan especial foi escrito por Lynne Rickards. Esta autora nace en Canada e agora vive en Escocia coa súa familia. Escribe un sinfín de contos e libros maravillosos que che invito a coñecer:
luns, 21 de abril de 2025
Voltamos coa Pingüibiblio!
Ola pingüilectores e pingüilectoras!
Seguro que xa sabedes que chega as nosas portas a semana do libro! Como o poderíades esquecer?
Esta semana escolar imos celebralo por todo o alto para o cal na volta a pingüibiblio coñecermos dous contos moi especiais:
xoves, 10 de abril de 2025
mércores, 9 de abril de 2025
Gran tarde!
Este martes a sorte estivo da nosa parte e GatoCan de Coirós mostrounos outra realidade que temos diante das narices e que non vemos. A necesidade de coidar e tratar con respecto os animais. Que non son un xoguete e que forman parte da nosa vida cotiá.
Podedes visitar a súa páxina web: https://www.gatocan.com/ ; e saber máis sobre a súa iniciativa de vida.
martes, 8 de abril de 2025
Tarde de Formación con Lidia Gómez Boga
A diversidade como motor educativo . Esta semana, o profesorado do CRA de Oroso tivemos o privilexio de participar nunha sesión formativa, a cargo da especialista Lidia Gómez Boga, dentro do noso plan de formación no centro: “A diversidade aplicada á aula a través dos Polos Creativos”.
Reflexionamos sobre a realidade das nosas aulas: atención á diversidade, dificultades específicas, alumnado con dificultades, integración… e sobre todo, como crear espazos inclusivos e creativos onde cada neno e nena poida brilar
domingo, 6 de abril de 2025
Coñecer o mundo dos animais...
Ola!
Como especie animal que son estou sempre feliz de colaborar con todas as iniciativas que se propoñan para o coidado e o respecto de todas as especies.
O día 4 de abril celebrouse o día internacional dos animais sen fogar e como entidade colaboradora e sensible con esta temática queríamos aportar o noso gran de area.
Actualmente hai moitos animais abandoados e que non teñen un fogar estable no que vivir. Dende o CRA queremos colaborar e dar visibilidade a esta realidade.
xoves, 3 de abril de 2025
Galicia sabe a mar
Galicia sabe a mar.
mércores, 2 de abril de 2025
Visita de Food Truck: Galicia sabe a mar.
ATENCIÓN, CRA DE OROSO!
Este xoves 3 de abril, unha Food Truck moi especial visitará as nosas escolas para ensinarnos todo sobre os produtos do mar: como se toman, como debemos consumilos e por que son tan importantes para a nosa alimentación.
As familias tamén están convidadas a gozar e saborear estes deliciosos manxares. Unha oportunidade única para aprender e degustar xuntos e xuntas!
Esta actividade forma parte dun programa da Xunta de Galicia que promove o consumo responsable e saudable dos produtos do mar: Galicia sabe a mar. Para máis información: https://galiciasabeamar.gal/
Non o perdades!
A xogar!!!
Neste martes tan espectacular fixemos un bo lote de xogos e coñecimos dous contos maravillosos.
O primeiro deles foi: DEDÍN, DEDÍN DE PEQUENEQUÍN da editora Edicións do Castro coa que colaborou Isaac Díaz Pardo. Este libro foi feito a partir dun proxecto de animación a lectura impartido por Federico Martín Nebras. Nel recollen unha serie de cantigas, ditos, adiviñas... do folclore popular tanto en galego como en castelão.
O segundo é: Rimas da editora Everest. Son textos populares ilustrados por Piton (José Luis Rivera Campo). Aparecen recitados e rimas populares.
E despois adicámonos a xogar e pasalo moi ben!