Xornada de convivencia inesquecible no CEIPP de Sigüeiro
Hoxe vivimos unha manancial de emocións e ilusións! O noso alumnado do CRA de Oroso tivo a sorte de visitar o CEIPP de Sigüeiro, coñecendo así as instalacións do que será o seu novo fogar escolar.Fomos recibidas e recibidos tanto alumnado, profesorado e familias con moito agarimo por un equipo humano marabilloso: profesorado, persoal non docente e alumnado que nos fixeron sentir como na casa dende o primeiro momento.
Gozamos dunha fantástica obra de teatro feita polo propio alumnado do CEIPP, onde puideron recoñecer antigas compañeiras e compañeiros do CRA, reencontrarse e facer novos lazos de amizade. 🤝
Participaron en xogos colaborativos que fixeron da xornada unha auténtica festa de convivencia, emoción e aprendizaxe compartida.
Ademais, fixéronnos uns agasallos cheos de cariño que gardaremos como lembranza deste día tan especial.
Dende o CRA de Oroso damos as GRAZAS de todo corazón a toda a comunidade educativa do CEIPP de Sigüeiro por abrirnos as portas, polos sorrisos, pola calor humana e por facer deste paso un camiño fermoso cara o futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario