venres, 30 de xaneiro de 2026

30 de xaneiro | Día da Paz e da Non Violencia no CRA de Oroso

 No CRA de Oroso celebramos a Paz creándoa, sentíndoa e compartíndoa.

Este 30 de xaneiro convertimos as nosas aulas en auténticos laboratorios de emocións, palabras e ilusión, cunha proposta innovadora, creativa e chea de maxia: A Pócema da Paz.

A través da poesía, o noso alumnado mergullouse nun proceso de reflexión, expresión e creación. Traballamos versos libres nacidos da súa imaxinación e tamén poesías elaboradas polo propio profesorado do centro, pensadas con agarimo para sementar valores de respecto, convivencia, amizade e esperanza.

Cada palabra foi escrita con coidado en pergamiños, converténdose en mensaxes de paz únicas, que viaxaron xunto coa Pócima da Paz para seguir espallando boas enerxías máis alá da escola.

Porque no CRA de Oroso educamos desde o corazón, apostando por metodoloxías activas, artísticas e emocionais que dan voz á infancia e fan da aprendizaxe unha experiencia significativa e inesquecible.

Este vídeo recolle todo o vivido, acompañado da canción “Hoxe toca ser feliz” do Mago de Oz, porque cremos firmemente que educar para a paz tamén é educar para a felicidade.

No CRA de Oroso somos comunidade, somos creatividade, somos innovación…
e, sobre todo, somos unha escola onde medrar en paz.







mércores, 28 de xaneiro de 2026

28 de Xaneiro Día das bibliotecas móbiles

 28 de xaneiro – Día das Bibliotecas Móbiles

Desde o CRA de Oroso queremos dar a coñecer este tipo de bibliotecas tan especiais, que demostran que a lectura non entende de distancias.

Sabías que existen bibliotecas que non teñen edificio fixo… porque se moven polos camiños para achegar a lectura a todas as persoas?

Visita o noso enlace para saber máis: https://www.canva.com/design/DAG_gRTYpLM/hyNakL19IfHKZOgcucX0Xg/edit?utm_content=DAG_gRTYpLM&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton 




Legolandia


 

Que ben o pasamos!!!

O mundo LEGO é superinteresante! Aprendimos moito e démonos conta de que había infinidade de creacións e LEGOS por facer e refacer, tamaños diferentes, con circuitos condutores...

No mundo hai varios parques de atraccións centrados no mundo de LEGO que se chaman LEGOLAND: https://www.legoland.com . En Europa temos en Alemaña, Italia, Dinamarca, Gran Bretaña: https://www.lego.com/es-es/attractions 

Tamén vimos un conto superinteresante chamado: Non é unha caixa de Antoinette Portis.


Escribeu outros libros como...




Imos ver o conto!








luns, 26 de xaneiro de 2026

DOCTOR, DOCTOR… WHAT A SHOW!

This week, laughter, learning and English are travelling through all the schools of the CRA de Oroso thanks to Chameleon Theatre and their brilliant show “Doctor, Doctor”.

Meet Doctor Silly, the most confused doctor in the world!
He wants to teach children how to stay safe and healthy… but everything goes hilariously wrong!Brush your teeth with ice cream?
Wash your hands with ketchup?

Luckily, our pupils become the real heroes, helping Doctor Silly learn the right habits while enjoying a playful, interactive adventure completely in English.

The show is visiting all our schools: Deixebre, Senra, Trasmonte and Vilacide, bringing theatre, fun and learning to every classroom.

This experience reinforces our commitment to plurilingual education, with the valuable collaboration of our conversation assistant Jamie, helping children use English naturally, confidently and with joy.

At the CRA de Oroso we believe that learning languages means living them: through theatre, laughter and shared experiences that stay in children’s hearts.

Families… and future families… this is what learning looks like at our school!





sábado, 24 de xaneiro de 2026

O Día Internacional do LEGO chega á nosa biblioteca!

 Ola, olaaaa! 

Son Pingüi, a mascota máis curiosa e brincadeira da biblioteca do CRA de Oroso!

Hoxe veño contarvos algo que me fai bater as ás de emoción… celebramos o Día Internacional do LEGO! 

Neste día tan especial, a biblioteca énchese de cor, creatividade e imaxinación. Primeiro, faremos unha presentación moi divertida para descubrir xuntos e xuntas que son os LEGO: de onde veñen, como se xoga con eles, e cantas maneiras diferentes existen de construír, crear e inventar mundos novos.

Porque… atención, atención! 

Non sempre hai unha soa forma de xogar. Ás veces, cando miramos as pezas con outros ollos, aparecen ideas sorprendentes!

Despois, acomodarémonos ben cómodos e cómodas para gozar da lectura do conto, Non é unha caixa, de Antoinette Portis (Editorial Kalandraka).


Un libro marabilloso que nos lembra algo moi importante: a imaxinación transforma as cousas máis sinxelas en aventuras extraordinarias.

Tras a lectura, falaremos do conto, do que nos fixo sentir e da relación entre a historia e as pezas de LEGO. Porque, igual que no libro, unha peza pode ser moito máis do que parece: un coche, unha casa, un animal, un foguete… ou todo á vez!

E claro que si… chega o momento de xogar!

Imos tocar, coñecer e experimentar cos LEGO, descubrir a súa orixe, entender por que son tan importantes no xogo e na aprendizaxe, e deixarnos levar pola creatividade sen límites.

Desde a Pingüibiblio, convidámosvos a celebrar connosco este día cheo de construcións, historias e soños feitos con pezas pequenas… pero con imaxinación xigante.

Vémonos entre libros e LEGO!





Animais conxelados, mentes en movemento!

 No CRA de Oroso recibimos unha visita moi especial: animais atrapados no xeo. Que facer?

Experimentar, investigar… e pensar!

O noso alumnado decidiu observar que pasaba cando botabamos auga quente sobre o xeo no que estaban os animais. Miramos, escoitamos, comentamos… e o xeo comezou a desaparecer! 

Despois do experimento, puxémonos mans aos libros:
clasificamos os animais, buscamos información e descubrimos se eran mamíferos, aves, peixes…

Pero apareceu unha GRAN pregunta que nos deixou pensando a todas e todos:
Que pasa cos animais cando no mundo se produce o desxeo?

Aquí deixamos o reto:
Pensade que pasa e que solucións podemos aportar.
Os animais agradéceno… e o planeta tamén 

Porque aprender ciencias tamén é coidar da Terra, cuestionar o que pasa ao noso redor e actuar con responsabilidade.
Así aprendemos no CRA de Oroso, da man dos libros, perosas que contribuen e coa axuda de VozNatura.



Aprender a informarse tamén é aprender a vivir en sociedade

 Nestes días nos que Galicia estivo baixo alerta laranxa, vermella e amarela, o alumnado do CRA de Oroso estivo moi atento ao que acontecía na nosa contorna. A través dos medios de comunicación, especialmente dos informativos, puideron coñecer de primeira man os sucesos que se estaban a producir en toda a nosa comunidade.

Nas aulas seguimos a actualidade, observamos mapas do tempo, escoitamos as recomendacións dos servizos de emerxencia e comprendemos por que é tan importante estar ben informados cando se dan situacións especiais.

Ademais, o alumnado puido ver como nevaba no Cebreiro en directo, achegándose así a realidades doutros puntos do país sen saír da escola.

Estas experiencias axúdannos a traballar desde idades temperás a importancia de informarse a través de diversas fontes que poidan ser fiables, contrastadas e veraces, entendendo que os medios de comunicación cumpren un papel fundamental para coñecer o mundo que nos rodea e tomar decisións responsables.

Porque educar tamén é aprender a escoitar, observar, comprender e informarse ben.



xoves, 22 de xaneiro de 2026

Sementando hoxe, coidando o mañá

 No CRA de Oroso seguimos aprendendo coa terra entre as mans. Estes días vemos medrar os tulipáns e narcisos, pero tamén estamos a cultivar respecto, paciencia e amor pola natureza.

A través do programa voznatura, o alumnado participa activamente no coidado do medio ambiente, observa os procesos naturais e comprende que cada pequeno xesto é importante para protexer o noso planeta.

Educar desde a experiencia directa, desde a natureza e desde a emoción é unha parte esencial do noso labor educativo. Porque cando unha semente medra na escola, tamén medra a conciencia ecolóxica 



martes, 20 de xaneiro de 2026

O libro das apertas de Guido Van Genechten



 Ola pingüicolegas!!

Xa sei que este martes foi un día moi mimoso. E que falastedes da importancia das apertas e como son necesarias para vivir como persoas sans e felices. Este libro tan maravilloso foi escritor por Guido Van Genechten:


Este autor naceu en Mol (Bélxica) e estudou debuto, pintura, diseño e fotografías. De neno viveu na aldeas a día de hoxe aínda lle encanta vivir alí.  Por iso mesmo nos seus libros sempre hai moitos protagonistas animais como coellos, porcos, tartarugas... 

Algún libros que escribeu foron...


Queredes ver o contiño?

 



domingo, 18 de xaneiro de 2026

Martes de apertas

 O vindeiro 20 de xaneiro, a biblioteca escolar do CRA de Oroso, a nosa querida Pingüibiblio, transformarase nun espazo onde os libros tamén dan apertas.

Celebramos o Día das Apertas cunha sesión moi especial de invasión á lectura, na que falaremos do marabilloso mundo das apertas: eses xestos sinxelos pero tan necesarios que transmiten cariño, seguridade, amor e acompañamento.

Da man do libro O libro das apertas de Guido Van Genechten, o noso alumnado descubrirá que unha aperta pode dicir moito máis ca mil palabras e que a lectura tamén é unha fermosa maneira de coidar, sentir e compartir.

Para nós, as apertas son unha linguaxe universal, especialmente importante na infancia, e a biblioteca é o lugar perfecto para celebralas xuntos, como comunidade educativa.

Convidamos a todo o alumnado a achegarse ese día á Pingüibiblio, a deixarse envolver polas historias e a lembrar que ler tamén é unha forma de dar e recibir apertas.

Porque onde hai libros, hai emocións… e onde hai apertas, hai escola.




venres, 16 de xaneiro de 2026

 Maxia, mitoloxía… e lobishomes no CRA de Oroso! 

No CRA de Oroso seguimos mergullándonos na mitoloxía galega, e esta vez tocoulle ao misterioso e fascinante lobishome.
O noso alumnado investigou, escoitou historias, creou, experimentou e expresouse a través da arte (coñecendo a Vektor feito por Candido Pazos no Concello de Dumbria), poñéndose na pel deste personaxe lendario… ata transformarse en auténticos lobishomes e lobismulleres!

Porque neste proxecto aprendemos en comunidade que non só existían homes lobo, senón tamén mulleres lobo, rompendo estereotipos e ampliando a nosa mirada sobre as lendas e a tradición oral galega.

Este curso, un dos nosos grandes proxectos é A Maxia, estamos descubríndoa desde o punto de vista mitolóxico, conectando cultura, creatividade e aprendizaxe dun xeito significativo e apaixonante.

Queremos agradecer a implicación das nosas familias, que sempre camiñan ao noso lado, e animar tamén ás futuras familias a formar parte desta escola rural viva, onde os proxectos se constrúen xuntos e cada persoa conta.

No CRA de Oroso a maxia non se explica… vívese.





 No CRA de Oroso vivimos días que enchen o corazón

O noso alumnado foi agasallado con xoguetes que xa non se utilizaban nos fogares e que, grazas á xenerosidade das familias, atopan aquí unha segunda vida chea de ilusión, aprendizaxe e xogo compartido.

Queremos expresar un agradecemento moi especial á mamá de Marcos e Martín, que nos fixo chegar un auténtico tesouro: area máxica, xogos manipulativos, propostas vencelladas ao reciclaxe, ás matemáticas e ao xogo creativo. Materiais que xa están a enriquecer o día a día das nosas aulas e a facer do xogo unha poderosa ferramenta educativa.

Desde aquí queremos lembrar a todas as familias e persoas próximas ao centro que cando un xoguete xa non se usa, pode seguir facendo feliz a outros nenos e nenas. Doar, compartir e reutilizar é educar en valores, é coidar do planeta e é construír comunidade.

No CRA de Oroso cremos nunha escola aberta, viva e participativa, onde as familias son protagonistas. Ás que xa formades parte desta gran familia… grazas
E ás que estades a pensar na futura matrícula escolar, dicímosvos que aquí educamos xuntos e xuntas, compartimos e medramos en comunidade.

Porque compartir é das cousas máis fermosas que se poden ensinar 

mércores, 14 de xaneiro de 2026

Esa cousa pegañenta


 
Na nosa Pingüibiblio seguimos descubrindo días fríkis con lecturas e parendizaxes que sorprenden, divirten e fan pensar. 

Quero falarvos do libro Esa cosa pegajosa, un conto moi especial escrito por María Márquez e ilustrado por Bea Enríquez.


Quen está detrás desta historia tan pegañenta?


María Márquez é autora de libros cheos de humor, curiosidade e preguntas que nos fan mirar o mundo con outros ollos. As súas historias adoitan partir de cousas cotiás para convertelas en auténticas aventuras para a mente.

 




Bea Enríquez, ilustradora, dálles vida ás palabras cun estilo divertido, expresivo e moi visual, facendo que cada páxina sexa unha pequena sorpresa.



As dúas crearon libros que fan rir, pensar e aprender xogando. En Esa cousa pegañosa descubrimos o chicle dun xeito totalmente diferente.


Na Pingüibiblio do CRA de Oroso os libros non se len… 




luns, 12 de xaneiro de 2026

Nova quedada da Pingüibiblio

Animación á lectura con moita… chispa na Pingüibiblio! 

O 13 de xaneiro a Pingüibiblio do CRA de Oroso vaise converter nun espazo moi especial, cheo de curiosidade, risas e aprendizaxes pegaxosas . Celebramos o Día Mundial do Chicle cunha xornada de animación á lectura que promete ser… inolvidable.

Leremos o libro Esa cousa pegajosa, de María Márquez e Bea Enríquez, do selo Canica Books, unha historia divertida e sorprendente que nos axudará a descubrir como nace o chicle, cal é a súa función, para que se usa e como pode formar parte da nosa vida diaria .

Pero non quedaremos só na lectura…

Investigaremos como se elabora
Xogaremos con el
Descubriremos curiosidades
Falaremos da súa relación coa saúde
E, sobre todo, pasarémolo fenomenal

Será unha tarde chea de motivación, aprendizaxe e diversión, onde os nenos e as nenas aprenderán xogando e lendo, como nos gusta no CRA de Oroso .

Esta actividade forma parte da vida diaria do noso centro e é tamén unha xanela aberta para as futuras familias, para que vexan como se vive a lectura, a curiosidade e a alegría nas nosas aulas. Aquí léese, xógase, investígase e gózase aprendendo .

Se queres coñecer un cole no que a biblioteca late con vida… este é o lugar .





domingo, 11 de xaneiro de 2026

Xoguetes máxicos de Nadal

Un día cheo de maxia no CRA de Oroso 

No CRA de Oroso vivimos un deses días que quedan gardados no corazón. Os nenos e as nenas recibiron con ilusión inmensa os seus agasallos de Nadal e a escola encheuse de sorrisos, emocións e ollos brillantes . Foi un día fabuloso, deses nos que a felicidade se pode tocar coas mans.

Entre xoguetes, xogos e risas descubrimos algo marabilloso: a maxia estaba por todas partes . Moitos dos agasallos falaban de ilusión, creatividade e fantasía… e mesmo as cartas que nos deixaron os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador lembráronnos o importante que é a maxia tanto no mundo das persoas como no da mitoloxía e o fantástico.

Xogamos, compartimos, inventamos historias, construímos soños e comprobamos que calquera xoguete pode agochar maxia: os deportivos, os de imaxinación, os de creación, os que se moven e os que nos fan pensar. Porque os xoguetes non teñen xénero, son para nenos e para nenas, e todos son benvidos e benvidas cando axudan a medrar, aprender e soñar .

Este día recordounos que a maxia non só está nos contos… está nas mans que abren un agasallo, nos xogos compartidos e na ilusión de aprender xuntos e xuntas .
Seguimos a construír escola desde a maxia, a fantasía e a ilusión.




xoves, 8 de xaneiro de 2026

Agasallos de Nadal no CRA de Oroso

✨🎄 Voltar ao cole tamén pode ser maxia 🎄✨

No primeiro día de colexio, en todas as escolas do CRA de Oroso, o alumnado atopouse cunha sorpresa moi especial 🎁💛
Os agasallos de Nadal agardaban por eles e elas para facer da volta á rutina un momento tranquilo, agarimoso e cheo de ilusión.

A incorporación foi pausada, respectando ritmos, compartindo sorrisos e gozando do máis importante:
🤝 xogar xuntos e xuntas
💬 compartir emocións
🎲 aprender desde o benestar

Abriron os regalos, xogaron en grupo e viviron un día cheo de alegría, demostrando que aprender tamén é sentirse ben🧩✨

Así comezamos o ano no CRA de Oroso:
💙 con calma
💚 con convivencia
💛 con felicidade compartida

Por que somos un colexio diferente e estamos na porta do teu fogar!



Reciclando, reutilizando, reducindo...

 🎄✨ Maxia que coida o planeta ✨🎄

No CRA de Oroso, este Nadal veu cargado de ilusión… e de compromiso coa natureza 💚
Os Reis Magos, Papá Noel e mais o Apalpador deixaron os seus agasallos envoltos en bolsas de papel recicladas, listas para ter unha segunda vida ♻️🎁

Porque reutilizar é un pequeno xesto que xera un gran cambio:
🌍 menos residuos
🌱 máis coidado do planeta
💚 máis conciencia desde a infancia

No noso centro seguimos dando voz ao planeta, tamén nos pequenos detalles.
Educar para coidar hoxe é garantir un mañá mellor




martes, 6 de xaneiro de 2026

Voltamos

3, 2, 1… despegamos de novo!

O 8 de xaneiro abrimos outra vez as portas do CRA de Oroso para comezar o segundo trimestre 


Despois do descanso, voltamos con mochilas cheas de ilusión, aprendizaxes, xogos, risas e proxectos compartidos 


No noso cole rural:


aprendemos en comunidade

educamos en valores

cada neno e cada nena conta

a escola é vida

Se buscas unha escola próxima, innovadora e con corazón, o CRA de Oroso agárdate cos brazos abertos 

8 de xaneiro: vémonos na escola!