mércores, 4 de outubro de 2017

Hola pingüicolegas!

Xa comenzamos as nosas tardes animadas!

Fago un resumo para as/os que non poidestes acudir a nosa cita.

O conto que lemos foi "León de biblioteca" de Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes. O rematar a súa lectura fixemos unha votación e case todo o mundo quedou encantad@.  (Podedes pulsar sobre os enlaces do nome do conto e d@s autor@s para obter máis información).



Despois falamos sobre os dereitos e deberes que temos na nosa biblioteca. E ademais fixemos un marcapáxinas con unha das miñas fotos.


Podedes consultar o tríptico e descargar o marcapáxinas na páxina web do centro. (Sección A nosa biblioteca/como funcionamos)

martes, 3 de outubro de 2017

Comezamos en Vilarromarís!

Ola pingüiamig@s:

Hoxe, 3 de outubro, temos unha quedada en Vilarromarís na sede do CRA. Como sabedes imos inaugurar a biblioteca.

Falaremos, disfrutaremos e volveremos a divertirnos tódolos martes pola tarde, con sesións de animación a lectura.

Para ir entrando en materia, aquí vos deixo un vídeo sobre a nosa Pingüibiblio: 

A DESFRUTAAARRR!!! Clica na imaxe





martes, 26 de setembro de 2017

Horario da biblioteca

Ola pingüiamig@s!

Recordade que o martes 3 de outubro comezamos as actividades de animación a lectura, tódalas tardes do martes durante o ano escolar ata rematar o mes de maio.

Este curso o horario é de: 16:30 a 17:45. Contamos con vós.

Pingüibikos!!!


xoves, 21 de setembro de 2017

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

Ola!

O lema deste ano escollido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as Bibliotecas escolares dos centros educativos galegos foi:

"APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

O fin deste consigna é que a biblioteca sexa un espazo vivo. Que nós axude a medrar e avanzar. Se quereres coñecer máis amiguet@s recoméndovos visitar o enlace que poño a continuación, picade sobre o cartel:




Foi feito por Xosé Tomás.


luns, 18 de setembro de 2017

Resoa nos meus oídos...

Estos días oír un rum rum de que estábades xa explorando a fondo a biblioteca de cada escola.

Alá por Vilacide parece ser que chegou un monstro de cores moi especial. Con uns cambios de humor un tanto peculiares.

Pero polo visto, non foi o único monstro do CRA, xa que en Senra apareceu tamén un que daba moitas sorpresas e tentaba asustar as cativas e cativos da escola.

En Trasmonte, segundo axixei por un buraco, andan tentando dormir a un tal bufo. Polo visto os animais do bosque dan moita guerra e está algo trasnoitado.

Ahhh! non esquezamos Deixebre que o parecer está cheo tamén de animais. Un coello moi branquiño e ademais tres porcos moi sabichóns. O lobo atópase por esas terras e a tod@s quere arrepiar.

Xa falta menos para que me visitedes, agora estou preparando mochilas, libros, sorpresas para namorar.

Por certo, xa adiviñástedes cal era a persoa a que se lee adican este ano as letras galegas?


Pinchade na buxaina e veredes:



mércores, 6 de setembro de 2017

Xa chega o día!

Ola colegas!

Como xa saberes o 11 de setembro estamos de volta nas nosas aulas: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide.

En cada escola temos unha biblioteca maravillosa, ademais da que desfrutamos en Vilarromarís. Invítovos a gozar dela tódolos días do ano. As vosas mestras estarán encantadas de axudarvos na escolla das lecturas. 

Ademáis non esquezades buscar un lugar para recibir as miñas cartas e suxerencias. Todas as semanas escribirei, que teño moitas cousas que contarvos. 

Deixovos un vídeo do ano pasado adicado a Carlos Casares, recordades a galliña azul que nos visitou?


A música é de Pelo Gato 24 e a canción Debaixo da figueira.

E agora unha preguntiña. Sabedes a quen se lle adicará no 2018 as letras galegas?

Pista! É a autora do conto Festa no faiado que algun/algunha de vos xa coñeces...

Pensade e investigade.

venres, 1 de setembro de 2017

Curso Escolar 2017-2018

Ola amiguiñ@s!!!

Empeza outro ano e temos moitas caras novas no noso CRA. Que ledicia volver a retomar con ganas a nosa volta a biblioteca.

Para @s que non me coñezades, son PINGÜI, a mascota desta escola. Vivo na biblioteca de Vilarromarís e encántame compartir as miñas experiencias e que me contedes as vosas.

Este ano estou como tol@ por volver. Viaxei moito visitando a familiares do Polo Sur e vendo mundo. Agora preciso estar con todos vós. Moito me faltástedes. 







Benvid@s un ano máis.

AHHHH!!! Que non se me esquecen os que marchástedes. Formades parte de nós, sede valentes. Un ano novo ven en camino, ides coñecer moita xente e facer novas amizades. Lugares que descubrir e nos que aprender. Mándovos moitos pingüibicos