venres, 20 de decembro de 2024

Felicitación de Nadal

 O Nadal chega para envolvernos coa súa maxia, coa calor dos fogares e coa alegría compartida de momentos inesquecibles. 

Nesta época tan especial, queremos desexarvos un tempo cheo de luz, agarimo e ledicia, onde cada sorriso sexa un regalo e cada aperta, un bálsamo de amor.

Dende o CRA de Oroso, onde os soños medran ao ritmo da natureza, enviámosvos os nosos mellores desexos. Que estas festas sexan un tempo para recargar forzas, fortalecer os lazos que nos unen e soñar xuntos e xuntas cun ano novo cheo de proxectos e ilusións.

Esperámosvos no segundo trimestre (8 de xaneiro) con moita enerxía e coas portas abertas a un futuro cheo de aprendizaxes compartidas.

Desexámonvos un moi Bo Nadal Feliz Aninovo.


O equipo do CRA de Oroso

"A ledicia compartida é o máis fermoso agasallo que podemos ofrecer."



mércores, 11 de decembro de 2024

Lambonas e lambóns coméstelos bombóns!

 Ola larpeiriñas e larpeiriños!!

Xa estiven espiando e decateime do moito que gozastedes comendo e degustando os doces de nadal. Supoño que vos gustarían que pola cara que poñiades...

Que tal os contos? Can vos gustou máis?


Foi escrito e ilustrado por Rena Ortega unha gran apaixonada do mundo da natureza e o seu coñecemento. Busca crear conciencia social sobre o cordado do mundo natural e  gran apasionada del mundo natural e as súas creacións están relacionadas cos viaxes que realiza. Tamén leva feito moitas exposicións tanto en España como en Islandia.  


Este libro foi escrito por Mac Barnett un escritor estadounidense con unha gran traxectoria en libros infantis, aqui tedes algún por se queredes coñecer máis:





O ilustrador é Jon Kalssen,  de orixen canadiense, ademais é escritor dun libro moi especial:


Pero non so se dedica aos libros senón que tamén é animador de películas e curtas, un par de exemplos para ir abrindo boca:

Unha curta

Unha película












luns, 9 de decembro de 2024

Recordades que tiñamos unha sorpresa?

 AQUÍ A TEDES!



Tarde de nadal

 Ola, Bo Nadal a todas e todos!!!

No meu caso esta celebración cadra co verán e pronto xa chega o inverno. Non o ulides?. Estou moi feliz de vivir en Oroso!!! Encántame o tempo de inverno. 

Este martes na Pingüibiblio imos a celebrar o Nadal, xa sei que imos un pouco fora de tempo pero que mais da, non? O importante é vivilo. 

Cando veñades irmos ler algún conto desta época pero tamén probar productos típicos. Teño unhas ganas de PAPAR!!!


Queredes ver as portadas dos contos que imos ver?



A que molan!!! Chulisimos que son!

Agora un pouco de música de A Gramola Gonimola coa canción: A Noiteboa sempre é boa coa miña avoa. A Bailar parroquia! Non esquezades que a familia é unha parte importantísima da nosa vida.