luns, 13 de novembro de 2017

Novo martes, aquí agardo

Ola meus pingüiadmirador@s!

Quen vai vir este martes a biblio?????

Conto con todas e todos. 
Imos tratar un tema moi importante. É como se deben tratar as/os nosas/os compañeiros/as. 

Moitas veces hai persoas que nos chaman cousas que non gustan. Pensade, seguro que recordades. A min por exemplo, sempre me apodaban pingüi - mangall@n e as veces pingüi - xigant@n, porque era máis grande que @s demais, e aínda que ría, non fondo non me facía ningunha graza.

Cando é moita xente a que se ri de ti e te trata mal, chámaselle acoso e iso non está ben.

O conto que imos a ter, fala dunha nena que ten este problema, pero é tan lista que atopa unha solución. Sabedes cal era a súa burla?

Que tiña orellas grandes!!! Como senón houbera animais na natureza con orellas así...




O final do vídeo, non sei se abrístedes ben os ollos, pero hai unha pista sobre o conto... Atent@s detectives!

Para rematar, e bailar un pouco, queda un vídeo que fala sobre o tema que imos tratar. Desfrutade a miña saúde, moitos pingüibikos!










Ningún comentario:

Publicar un comentario