xoves, 23 de novembro de 2017

Que bo conto e que boa tarde...

Ola churris!!!

Xa me decatei do moito que atendéstedes o conto proposto para a tarde do martes.

Recordades?... Chamábase: O principio.

No vídeo saía a sua autora, o seu nome era...

Siii! Paula Carballeira, unha estupenda artistaza galega experta en contar maravillosas historias.

Queredes ver un?


A ilustradora do conto é Sonja Danowki  a cal traballa en Alemaña tanto ilustrando contos, como revistas ou caixas promocionais. Gañadora de varios premios internacionais.

Tamén vin que fixéstedes un estupendo xoguete, espero que desfrutarades moito con el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario