luns, 11 de decembro de 2017

Estou esperando que cheguedes...

Ola bonitiñ@s!!!

Estou desexando que veñades este martes a biblioteca. Teño un novo amigo, a que non adiviñades o seu nome?...

PISTA!!! Comeza por L e acaba por O...

Difícil? REPISTA... É o nome co que chamamos o Sol cando sae. AAA!!!

REQUETEPISTA!!! Manuel María, o gran escritor, escribeu ese nome.  Agora podedes buscado por internet e averígualo. Que chinch@n son!!!

Pois este novo amigo é moi espacial. O seu conto está adicado o que sucedeu o 3 de decembro. Foi o día internacional das persoas con discapacidade. 

Deixovos unha canción para bailar e desfrutar, que todas e todos celebremos este maravilloso día: 


" Eliminemos as barreiras físicas e culturais, construamos sociedades resilientes e procuremos oportunidades que verdadeiramente non deixen a ninguén atrás" Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU.


Ningún comentario:

Publicar un comentario