Ola pingüiadmirador@s!!!
O outro día xa vos avisei da excursión que tiñades a Santiago e según un paxariño amigo meu seica vístedes cousas moi interesantes.
Contoume que o primeiro sitio que visitarades foi o Conservatorio Histórico de Santiago e que alí desfrutástedes dun concerto titulado "Mais que notiñas". Seica había intsrumentos como o piano, a batería, o violonchelo...
Ata bailástedes un montón. Canto me aledo.
Despois segundo teño entendido, chegástedes ata a Catedral, que envexa!
Máis tarde, acudístides a ver unha gran exposición sobre Millares, Chillida... Que obras más fabulosas e interesantes. Tedes que convencer as mamás, papás, avoas, avos... a volver a ir a vela. Así tamén lle ides poder explicar todo o que aprendístedes.
Recordade!! Se querelles ver as fotos da excursión so tedes que clicar no menú onde pon as nosas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario