luns, 22 de xaneiro de 2018

Martes de inverno

Ola chulis!

O primeiro de todo é dicirvos que tedes que vir á biblioteca. 
Estou desexando volver vervos outra vez. Este martes temos unha sorpresa moi especial en Vilarromarís. Sabedes que?...
Un presente da miña familia!. 
En nadal faleille de todas e todos de vós. Que faciamos na biblioteca, como as profesoras e profesores participaban todos os martes, como as familias acudían a visitala...
Así que picoulles curiosidade e decidiron vir vela. Como somos moitas e moitos non podiamos permanecer ata o martes pola tarde, pero deixaron un conto moi especial para o voso goce.

Aquí queda un pequeño vídeo, animádevos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario