mércores, 17 de xaneiro de 2018

Polvomascota

Ola amigas e amigos:

Este martes coñecemos unha nova mascota na biblioteca. Un ser moi especial que nos deixou coa boca aberta, rememorádelo?. 

UN POLBO! ALUCINA MANDARINA!.

O seu dono non estaba moi dacordo cos seus métodos de aprendizaxe pero ao final deuse conta do bo amigo que era. Saberes dicirme como se chamaba o conto?: 


O seu autor é Martin McKenna un ilustrador británico que fixo infinidade de obras: xogos en rede, de rol... As súas obras foron utilizadas en cinema e televisión tamén.

Para os/as que non viñestes á biblioteca deixámosvos na nosa páxina web os materiais de animación á lectura que se entregaron este martes. Son recomendacións de contos onde saen polbos, tanto para vós coma para a vosa familia.

Clica na imaxe e accederás a eles.



Moitos saúdos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario