luns, 5 de marzo de 2018

Unha semana especial

Ola pekes!

Esta é unha semana moi importante, sabedes o porqué?... Pois conmemoramos o Día Internacional da muller o 8 de marzo.

As mulleres do mundo piden que sexan tratadas igual que os homes, para ser persoas libres e que se desenvolvan en plenitude.

Aínda que pensedes que isto é así, teño que decirvos que aínda queda moito por cambiar. As mulleres aínda non teñen a igualdade e hai xente que segue pensando que non poden facer o mesmo co home. Sabede que é unha mentira. As mulleres e os homes podemos facelo todo e se colaboramos chegaremos moi lonxe. Lograremos os nosos soños.

Na biblioteca deste martes hai unha muller moi particular que se chama Maruxa. A pobre ten que loitar polo cambio:


Como curiosidade podedes ver escolas que teñen nomes de mulleres importantes, quen eran e a que se adicaban. Axexade un pouco:

Ningún comentario:

Publicar un comentario