luns, 19 de marzo de 2018

Xa están chegando as vacación de Semana Santa

Ola pingüíns:

Que tal estades? Eu atópome fenomenal porque xa estou pensando a onde vou ir de viaxe nestas vacacións. O outro día unha gaivota chamada Federica faloume dun lugar:  GULPIYURI que está en Asturias (moi pretiño). 


Seica é un sitio onde hai unha praia, que pasa por debaixo dun muro de rochas e non se ve o mar. Algo diferente e maravilloso. 

Federica está encantada de vivir alí. Pero antes percorreu o mundo porque tiña un vacío no seu interior que non a deixaba vivir. Sempre estaba triste e deprimida. Co tempo atopou a solución do seu mal.

Ahhh! Eso recordare o conto que ides ler este martes, a Julia, a nosa protagonista, pásalle algo parecido.
Como non quero que vós poñades tristes. Deixo un xogo de pascua para deletrear. Ánimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario