mércores, 24 de decembro de 2025

Recita de Nadal

Bo Nadal dende o CRA de Oroso 


No CRA de Oroso queremos abrazar con palabras a todas as persoas que forman parte da nosa pequena gran familia: nenas e nenos, familias, profesorado, persoal do centro e persoas próximas que camiñades ao noso carón cada día 

Neste Nadal compartimos algo máis ca unha receita…
Compartimos tempo, ilusión, aprendizaxes e moito amor 
As nosas nenas e os nosos nenos puxéronse o mandil e o corazón para preparar unhas filloas de Nadal, feitas con mans pequenas, risas grandes e ingredientes moi especiais: cariño, tradición e comunidade.

Desexamos que este doce vos acompañe na Noiteboa ou no Día de Nadal, arredor da mesa, entre conversas lentas, miradas cómplices e momentos que quedan para sempre 

Que o Nadal vos envolva de calma, agarimo e esperanza,
e que o novo ano chegue cheo de saúde, ilusión e moitos soños por cumprir 

Bo Nadal e felices festas dende todo o CRA de Oroso 




Ningún comentario:

Publicar un comentario