No CRA de Oroso tivemos o pracer de acoller na formación “Metodoloxías 360°: Estratexias innovadoras e inclusivas para ler, contar e crear”, a Lucía Abad que nos seguiu introducindo e fomentando a metodoloxía OA OA, unha experiencia verdadeiramente enriquecedora para todo o profesorado do centro.
Ao longo da sesión afondamos traballando con materiais e propostas tan estimulantes como o tangram, os xeoplanos, os policubos… ferramentas que fomentan o pensamento lóxico, a creatividade, a manipulación e a comprensión profunda das matemáticas desde idades temperás.
A formación resultou súper interesante e moi beneficiosa, xa que conecta directamente coas actividades que xa se están a desenvolver no centro e abre novas posibilidades para seguir avanzando. O profesorado marcha con ganas, ilusión e motivación para aplicar estas estratexias en todas as áreas, convencido de que unha visión global e integradora mellora a eficacia das aprendizaxes e favorece un desenvolvemento matemático sólido, significativo e inclusivo.
No CRA de Oroso seguimos apostando por estar na punta da innovación educativa, incorporando o máis actual, o máis eficaz e o máis humano. Somos un centro vivo, moderno e comprometido, onde o alumnado é o verdadeiro protagonista e onde as familias poden sentirse identificadas cun proxecto educativo de calidade, aberto e transformador.
Porque educar é crear futuro, e facémolo xuntos e xuntas, con ilusión, formación e innovación constante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario