venres, 3 de abril de 2026

A primavera chegou ao CRA de Oroso!

Saímos pola contorna do noso centro para descubrir como a natureza esperta pouquiño a pouco…

As árbores vístense de verde, as flores enchen de cor os camiños e os pequenos seres vivos aparecen para lembrarnos que a vida sempre se abre paso.

O noso alumnado observou, investigou e marabillouse cos cambios da primavera… porque aprender tamén é sentir, explorar e coidar o que nos rodea.

E agora que estamos nas vacacións de Semana Santa…
Animamos ás familias a facer o mesmo!
Saíde a pasear, escoitade os sons da natureza, descubríde árbores, plantas e animais…
Porque non hai mellor plan que compartir tempo en familia mentres coñecemos e coidamos o noso entorno.

Pequenos momentos, grandes aprendizaxes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario