Ola veciñanza!
Este martes moito vimos e xogamos, verdade?
Houbo dous contos diferentes. Un deles foi: Eu son tan forte.
É un conto popular que adaptou Carme Hermida Guliás. Foi ilustrado por Andrés Meixide. Seguro que algún libro ilustrado vós soa, clicade no nome.
O outro conto era: Se eu fose moi alto. Escrito por António Mota un escritor portugués moi coñecido por ser creador de moitos libros infantís. E ilustrouno André Letria. Tamén de orixe portuguesa e ganador de varios premios como artista ilustrador.
Unha cousa! O xogo da saúde que fixemos este martes queda colgado na web. Podédelo descargar en cor.
Unha cousa! O xogo da saúde que fixemos este martes queda colgado na web. Podédelo descargar en cor.
Para que coidedes a vosa saúde e siguades comendo san (xa me chivaron que nalgunha escola estaba comendo moi san tódolos venres). Desfrutade destas cancións de María Fumaça publicados na editorial Xerais. Animádevos a telos traen CD e DVD!
Ningún comentario:
Publicar un comentario