mércores, 18 de abril de 2018

Semana do libro

Ola pingüilector@s! 

O luns comezamos a semana do libro!!!

Que ganas tiña de que chegara esta data. Sempre hai actividades en bibliotecas, experiencias en librerías, exposicións, charlas, coloquios...

É un momento estupendo para saír e coñecer novidades editoriais, compartir lecturas en grupo, visitar  lugares novos onde poidamos gozar do noso libro...

Este martes xa sabedes que non temos a sesión da tarde pero por que ides de excursión o Salón do Libro de Pontevedra!!!

Que sorte larpáns!

Este ano o tema é: MULLERES DE CONTO. Fan unha homenaxe ás mulleres que están implicadas no mundo da literatura infantil, a que fan para vós. Clicade na imaxe e entrade na páxina web:



Tamén me contaron que ides ver un espectáculo chamado: "A ovella Engracia" con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz.

Para que escoitedes algo de Jazz:





Programa de Radio Nacional Clásica: El rincón de los niños. El jazz más animado. 
Minuto 22,14 cuento sobre Jazz.




Ningún comentario:

Publicar un comentario