venres, 27 de abril de 2018

Día Internacional das persoas traballadoras

Ola chikis!

Outro día que non temos animación á lectura. Pero non vós poñades tristes que pronto volverei. O motivo é moi importante. 

Este martes día 1 de maio celébrase o Día Internacional das persoas traballadoras, mulleres e homes!

Por que?

Fai moito tempo a xente non tiña dereitos no traballo: estaban moitísimas horas, non podía ir ao centro de saúde, non posuían medidas de seguridade, non cobraban o soldo que lles prometían... Estaban moi mal. 

Como as persoas traballadoras estaban en desacordo, decidieron facer folga. Pero os/as empresarios/as non querían que a situación cambiara e houbo unha loita moi forte.

Ao final gañou a xente traballadora, grazas a forza e unión, hoxe en día as nosas familias teñen dereitos e deben pedilos senón é así. 

As persoas traballadoras teñen que estar protexidas, coidadas, con soldos dignos, horas establecidas tanto para o descanso, coma para facer a súa propia labor...

Aquí queda unha pequena curta para que apreciedes que o traballo tampouco o é todo:






Ningún comentario:

Publicar un comentario