mércores, 30 de xaneiro de 2019

A pomba Mari PAZ

Ola peques!!!

Este martes na Pingüibiblio, coñecéstedes a outra ave coma min chamada Mari PAZ. 

Polo que me contaron as mestras Susana e Chus, foi unha lectura que fixo que lle dérades a cachola. 

Se está claro que para conseguir o que unha persoa desexa o mellor é buscar a solución menos violenta e máis ventaxosa.


Clicade no libro.

Este conto foi escrito por Carmen Gil . Unha creadora moi importante, fai que as lecturas sexan fantásticas. Invítovos a visitar a súa páxina, veredes que cancións e poemas máis chulos.


As súas ilustracións son de de Avi. Mira as súas publicacións, que interesantes!

Como sodes uns curiosos e curiosas espiade o que fixemos pola tarde...
  








Ningún comentario:

Publicar un comentario