luns, 7 de xaneiro de 2019

Volvamos a biblioteca!

Ola pingüinamiguetes:

Que tal nestas datas de Nadal? Xa me enterei que coméstedes moitos doces e vistedes aos Reis. Eu tamén celebrei as festas en compaña da miña familia. Comimos moito peixe e xogamos coa neve un montón. Meu curmá Edelmiro pillou unha gripe grande pero con mel e escamas de peixe recuperou nun santiamén. 

Quero recordar que voltamos a ter bibliopingüi así agardo por todos vós. Imos ter un conto no que imos ver como se podría contar o amor e o cariño. Sabedes como? VINDE A DESCUBRILO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario