luns, 28 de xaneiro de 2019

Chega a semana da paz!

Ola pazamiguetes!

Xa sabedes que o día 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a paz. Nas recomendacións do blogue temos un enlace a unha presentación sobre esta data tan importante. Aposto a que nas escolas ides falar e traballar a favor da paz.

Un colega pasoume a información, de que estades a gravar un vídeo superxenial sobre este tema. Espero velo moi prontiño. Conto con el!

Este martes como non imos charlar sobre o tema, e ver que cousiñas podemos facer para que neste universo reine a non violencia. 

Na vida hubo gente como John Lennon que loitou para acadar un cambio na sociedade coa sua labor e as suas cancións. En Coruña, tedes unha escultura adicada a el. Está nos xardíns Méndez Núñez.


Recordades que o ano pasado...?







Ningún comentario:

Publicar un comentario