Cantas letras ten o teu nome?
No CRA de Oroso as matemáticas tamén se escriben co corazón.
O noso alumnado decidiu contar as letras dos seus nomes. Primeiro xogaron a descubrir cantas eran, contaron, buscaron unha equivalencia,… e así transformaron palabras en números!
Unha actividade que xorde da curiosidade e que converte as matemáticas en diversión: rir, comparar, escribir, contar e sorprenderse co que atopaban.Porque aprender é moito máis do que parece: é deixar que as ideas nazan soas, voen e nos fagan pasalo xenial.