xoves, 2 de outubro de 2025

Matemáticas lectoescritoras

Cantas letras ten o teu nome?


No CRA de Oroso as matemáticas tamén se escriben co corazón. 

O noso alumnado decidiu contar as letras dos seus nomes. Primeiro xogaron a descubrir cantas eran, contaron, buscaron unha equivalencia,… e así transformaron palabras en números!

Unha actividade que xorde da curiosidade e que converte as matemáticas en diversión: rir, comparar, escribir, contar e sorprenderse co que atopaban. 

Porque aprender é moito máis do que parece: é deixar que as ideas nazan soas, voen e nos fagan pasalo xenial.





Ningún comentario:

Publicar un comentario