domingo, 5 de outubro de 2025

7 Homes con bombín

  Sete homes con bombín… e un vento que o cambia todo 

Na Pingüibiblio, este martes 7 de outubro de 16:30 a 17:30, imos mergullarnos nun conto moi especial:
“Sete homes con bombín”, de Álex Nogués e Silvia Cabestany.

Din que hai tempo, na cidade vivían sete homes idénticos: sempre xuntos, serios, de negro e co seu bombín ben colocado. Pero un día...  o vento decidiu facer das súas e levou un deses bombíns máis alá do coñecido.

A partir de aí, algo comezou a cambiar.
Un sopro de liberdade, unha pinga de curiosidade e moitas ganas de descubrir o mundo doutro xeito. 

Ven compartir con nós esta historia chea de humor, tenrura e transformación.
Imos ler, rir, sorprendernos e deixar que o vento tamén nos leve un pouquiño máis lonxe…





Ningún comentario:

Publicar un comentario