xoves, 2 de outubro de 2025

Mariola Solidaria

A solidariedade cabe nunha furgoneta… e nos corazóns de todo o CRA de Oroso.

Hoxe queremos dicir GRACIÑAS enormes a todas as familias, alumnado, participantes e profesorado que fixestes posible a recollida solidaria de roupa e calzado para Mariola Solidaria.

O noso alumnado foi o verdadeiro protagonista:


Preparou con ilusión as bolsas
.

Colaborou no ingreso das prendas na furgoneta que pasou polos centros de Senra, Trasmonte, Vilacide e Deixebre.

Converteu este xesto nunha lección de vida.

Porque compartir non é só doar o que xa non usamos, é ensinar que cada pequeno acto pode transformar o mundo.

Esta iniciativa é máis que unha recollida: é educación en valores, comunidade e futuro.
E grazas a vós, deixamos pegada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario