xoves, 19 de febreiro de 2026

A primavera axexa


 A primavera xa axexa e o noso cole énchese de vida, cor e ilusión grazas ao programa Voz Natura.

Os nenos e nenas están a vivir en primeira persoa a maxia da natureza: as plantas que eles mesmos e mesmas plantaron medraron, están fortes… e xa comezan a florecer!  Un exemplo claro de coidar, esperar e aprender facendo.

Pero a aprendizaxe non queda só na horta escolar. Ao noso redor, o campo que envolve o CRA de Oroso tamén nos fala: brotes novos, máis verde, sons diferentes e os primeiros sinais de que a estación do renacer xa está aquí .

Aprendemos a observar, respectar e querer a natureza dende pequenos e pequenas, porque educar no rural é educar con raíces, con sentido e con futuro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario