Durante o Entroido regalástesnos algo único: a vosa creatividade, a vosa ilusión e o voso tempo, elaborando as vosas propias máscaras a partir das nosas. Un xesto cheo de valor que nos lembra que as persoas maiores sodes imprescindibles na nosa vida diaria, na educación, na cultura e no corazón da nosa comunidade .
Este pequeno detalle quere ser un GRAZAS enorme, por ensinarnos que compartir, crear xuntos e xuntas e coidarnos uns a outros fai unha sociedade máis humana, máis xusta e máis feliz .
Queremos tamén agradecer de corazón a todas as familias que xa forman parte do noso cole e convidar ás familias presentes e futuras a achegarse, coñecernos, descubrir todo o que facemos e comprobar o marabilloso que é medrar xuntos e xuntas nunha escola aberta, próxima e chea de valores.
As portas do noso colexio están sempre abertas, porque cremos nunha educación con raíces, con afectos… e con persoas tan especiais coma vós.
Grazas de corazón Seguimos camiñando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario