Recordades o conto do martes? (picade na imaxe).
Entereime que de todas as persoas que alí foron partiron a cacha coa risa. Coma esta amiga miña:
Pero recordades quen escribeu o libro?...
Pois foi Rafael Ordóñez un madrileño de adopción, xa que chegou sendo un bebé de 6 meses dende Valladolid. Viveu nun barrio chamado Carabanchel e alí xogaba e disfrutaba dos seus amigues.
Cando se fixo maior estudiou para mestre e despois adicouse a aprender a contar contos no grupo "CHáCHARA cuentacuentos".
A partir de entón, escribeu moitísimos libros.
A ilustradora deste conto é Laure du Faÿ. Unha especialista en ilustración de contos infantís e ademais en espazos artísticos adicados a infancia.
Tamén me chivaron que o rematar fixéstedes un rato moi peideiro. Que boa tarde!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario