mércores, 24 de xaneiro de 2018

Vaia lote de pingüíns.

Ola pitukiñ@s!

Este martes vimos unha morea de colegas. Xa vedes o elegantes que somos.



Gozamos un libro moi inspirador para traballar os números e a súa orde. Xa saberedes que cando nos xuntamos con moitas cousas hai que saber utilizar a cabeza para ordenalas, clasificalas, calcular o que precisamos ou do que debemos prescindir...

O conto visto chámase 365 pingüíns.



O seu escritor é Jean-Luc Fromental. De orixe francesa traballou en distintos campos: guións, prensa, publicidade... Ata participou nunha serie de debuxos chamada Lucky Luke.



O ilustrador é Joëlle Jolivet. Deseñou e publicou infinidade de libros moitos deles para vós.


Unha curiosidade. Este libro foi gañador do Premio de Honor Boston Globe-Horn Book. Un dos premios máis importante que se lle dan a libros de literatura infantil e xuvenil.

Saúdiños!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario