Ola amig@s!
Xa vin que este martes gustou moito o conto que vós leron na biblioteca. Esta Maruxa que lista é!.
Ela soiña ensinoulle ao seu home a cooperar.
Espero que nas vosas casas pase o mesmo, que tanto papá coma mamá participen en todas as tarefas do fogar. Pero tamén desexo que vós o fagades. Por exemplo, poñendo a mesa, recollendo os cubertos utilizados, facendo as camas...
Temos que ser todas e todos iguais, tanto no traballo coma no lecer.
As mulleres sempre se viron perxudicadas na sua profesión coma na vida diaria. Isto témolo que cambiar e está nas nosas mans.
Escoitade esta canción e adiante pingüicolegas!
Recordade que se querelles ver as fotografía da sesión ide á galeria do CRA de Oroso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario