Ola amigüis!
Que tal vai o outono? Xa vin que choveu, ventou, enfriou, volveu facer calor... Anda tolo este outono. Pola miña banda, eu estou feliz porque encántame que o tempo ande un pouco chalado, divirto máis.
Este martes na Pingüibiblio imos a explorar este tempo tan especial que ven cargado de festas como o magosto, o samaín...
Neste día imos coñecer a unha serie de animais nos que cada un ten a súa casiña pero todos queren abrir unha nova. Esta casiña é pequeñina e especial. A ver se adiviñades o título do conto:
Ave e non voa
lá e non é de ovella
se o adivinas
recoleta para a cesta.
Que é?
Se é moi difícil de acertar so tes que pulsar no debuxo para saber que ingrediente da receita pode ser...
Agora imos aprender algo máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario