Animación á lectura con moita… chispa na Pingüibiblio!
O 13 de xaneiro a Pingüibiblio do CRA de Oroso vaise converter nun espazo moi especial, cheo de curiosidade, risas e aprendizaxes pegaxosas . Celebramos o Día Mundial do Chicle cunha xornada de animación á lectura que promete ser… inolvidable.
Leremos o libro Esa cousa pegajosa, de María Márquez e Bea Enríquez, do selo Canica Books, unha historia divertida e sorprendente que nos axudará a descubrir como nace o chicle, cal é a súa función, para que se usa e como pode formar parte da nosa vida diaria .
Pero non quedaremos só na lectura…
Investigaremos como se elabora
Xogaremos con el
Descubriremos curiosidades
Falaremos da súa relación coa saúde
E, sobre todo, pasarémolo fenomenal
Será unha tarde chea de motivación, aprendizaxe e diversión, onde os nenos e as nenas aprenderán xogando e lendo, como nos gusta no CRA de Oroso .
Esta actividade forma parte da vida diaria do noso centro e é tamén unha xanela aberta para as futuras familias, para que vexan como se vive a lectura, a curiosidade e a alegría nas nosas aulas. Aquí léese, xógase, investígase e gózase aprendendo .
Se queres coñecer un cole no que a biblioteca late con vida… este é o lugar .
Ningún comentario:
Publicar un comentario