Ola rapazada!
Que tal estades?. Eu sigo facendo moito deporte e desexando que deixe de chover. Teño ganas de sol e flores, para ulir e admirar.
Estou feliz, porque seguides vindo á biblioteca e collendo libros para ler. Cada día facédelo mellor e logrades que rebose orgullo.
As bibliotecas son moi importantes e temos que coidalas, pero non so a nosa senón tamén as públicas, como por exemplo á do Concello de Oroso. Tedes que ir vela, é fantástica e ten moitísimas lecturas novas.
Este martes imos ver un conto sobre un rei moi especial. Xa veredes que lle gusta moito decidir, pero a vida ensina que non sempre todo o mundo obedece. Mirade ó que pasa por ser tan mandóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario