Ola pingüilector@s!
O luns comezamos a semana do libro!!!
Que ganas tiña de que chegara esta data. Sempre hai actividades en bibliotecas, experiencias en librerías, exposicións, charlas, coloquios...
É un momento estupendo para saír e coñecer novidades editoriais, compartir lecturas en grupo, visitar lugares novos onde poidamos gozar do noso libro...
Este martes xa sabedes que non temos a sesión da tarde pero por que ides de excursión o Salón do Libro de Pontevedra!!!
Que sorte larpáns!
Este ano o tema é: MULLERES DE CONTO. Fan unha homenaxe ás mulleres que están implicadas no mundo da literatura infantil, a que fan para vós. Clicade na imaxe e entrade na páxina web:
Tamén me contaron que ides ver un espectáculo chamado: "A ovella Engracia" con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz.
Para que escoitedes algo de Jazz:
Programa de Radio Nacional Clásica: El rincón de los niños. El jazz más animado.
Minuto 22,14 cuento sobre Jazz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario